Ernesto Vázquez Souza (2009) |
|
Nacemento | 1970 (54/55 anos) A Coruña, España |
---|
Formación profesional | Filoloxía Hispánica |
---|
|
Ocupación | escritor |
---|
Xénero artístico | Ensaio |
---|
|
|
Ernesto Vázquez Souza, nado na Coruña en 1970, é un escritor e investigador galego.
Traxectoria
Doutorado pola Universidade da Coruña en Filoloxía Hispánica, sección de Galego-portugués, é especialista en historia do impreso galego na etapa contemporánea. Ten publicado artigos e outros traballos sobre as Irmandades da Fala, a figura de Ánxel Casal ou a Xeración Nós. Traballa como bibliotecario en Valladolid.
Obras publicadas
Ensaio
- Vázquez Souza (2000). Anxel Casal: biografía no seu contexto cultural, político e empresarial (Tese). UdC. ISBN 978-84-692-8957-0.
- Xuana de Vega ou "Os mártires": dúas versións dunha obra inconclusa de Antón Vilar Ponte, Laiovento, 2001).
- A Fouce, o Hórreo e o prelo, Anxel Casal ou O libro galego moderno, (Ediciós do Castro, 2003).
- Desta beira do Leteu. Artigos de historia cultural, literatura e sociedade desde o esquecemento (Laiovento, 2004).
- Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la Defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936) (Laiovento, 2006).
Obras colectivas