Ernesto Martínez Fernández, finado en 2006, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Industrial. No franquismo foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia en 1956, tomando posesión o 14 de xuño.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde como cabeza da lista de Coalición Democrática con maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e volveu impoñerse con maioría simple, porén perdeu a alcaldía tras apoiar os concelleiros de Coalición Galega ó único concelleiro do PSdeG. Nas municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura de Alianza Popular e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Repetiu como alcalde logo das municipais de 1991, nesta ocasión con maioría simple, e gobernou en minoría ata que en setembro de 1992 incorporou ó goberno a 2 concelleiros electos na candidatura de Converxencia Centrista. Nas municipais de 1995 e municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. A marcha de 2 edís do seu grupo ó grupo mixto a finais de 2000 desembocou, en marzo de 2001, nunha moción de censura do PSdeG-PSOE apoiada por unha das edís que abandonara o PPdeG e que fixo alcalde ó candidato socialista Luis Milia Méndez.[2] En febreiro de 2003 abandonou a política activa.[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas