Eole (satélite)

Eole
Maqueta do satélite Eole no Museo de París Le Bourget.
TipoCientífico
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento16 de agosto de 1971, 18:39 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout B1[2][5]
Sitio de lanzamentoWallops Island[2]
Obxectivo da misiónSatélite de comunicacións e meteorolóxico.[2]
NSSDC ID1971-071A
Masa84,7 kg[6]
DimensiónsForma octogonal cunha distancia entre vértices opostos de 0,71 m e unha lonxitude de 0,58 m.[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7093 km[1]
Inclinación50,1 graos[1]
Apoapse803,8 km[1]
Periapse642,1 km[1]

Eole, tamén coñecido como EOLE 1, CAS 1 (Cooperative Application Satellite) e FR 2 (France 2), foi un satélite artificial francés lanzado o 16 de agosto de 1971 mediante un foguete Scout B1 estadounidense desde Wallops Island.[2][5][7]

Características

Eole foi o segundo satélite francés meteorolóxico experimental e o primeiro lanzado en colaboración coa NASA e o Centre National d'Etudes Spatiales (CNES). A súa función principal foi a de retransmitir os datos dunha rede mundial de globos meteorolóxicos que facían medicións sobre altura, presión, temperatura, humidade e velocidade do vento.[2][5][6]

O satélite tiña forma octogonal, cunha distancia entre vértices opostos de 0,71 m e unha lonxitude de 0,58 m. A alimentación eléctrica era proporcionada por oito paneis solares rectangulares despregados cun ángulo de 45 graos con respecto do corpo do satélite e quince baterías recargables de prata-cadmio que proporcionaban de media unha potencia de 20 vatios. O satélite mantíñase orientado cara a Terra mediante a técnica de gradiente de gravidade usando un mastro de 10,06 m de longo. A precisión do control de actitude alcanzaba os 9 graos respecto da local vertical.[2][5][6]

Eole gardaba a bordo os datos que recollía dos globos meteorolóxicos e os retransmitía a petición cando se atopaba ó alcance dunha estación de terra. O conxunto do sistema de telemetría consistía nun transmisor de baixada de datos cara ás estacións que funcionaba a 136,350 MHz e que tamén era usado como baliza de seguimento; un receptor a 148,25 MHz para comandos e datos dos globos; e un transmisor (464,84 MHz) e receptor (401,7196) entre o satélite e os globos.[2][5][6]

O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 904 km de apoxeo e 677 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 50,1 graos e un período de 100,6 minutos. As operacións co satélite foron un éxito salvo pola destrución de 71 globos meteorolóxicos producida polo envío dun comando erróneo desde o control de terra. O último dos globos meteorolóxicos transmitiu en xaneiro de 1973, pero Eole seguiu sendo usado para transmitir datos de boias oceánicas e navíos.[2][5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EOLE 1 (CAS-A)" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (14 de maio de 2012). "EOLE 1" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 18 November 1971 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (71-25536). 26 de novembro de 1971: 2. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Eole" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Eole" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Eole" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  7. "Eole" (PDF). 8 de febreiro de 1973: 204. FLIGHT International. Consultado o 24 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

Outros artigos