Entre nós foi un programa informativo e de entretemento da Televisión de Galicia de emisión diaria e unha hora de duración. Comezou a emitirse o 9 de setembro de 1985 presentado por Xosé Ramón Gayoso, Eva Veiga e Pemón Bouzas.
A partir de 1986 forma parte dos Servizos Informativos, modificando o xeito de enfocar as novas e engadiu unha unidade móbil para informar desde o terreo.