Enrique Álvarez Abalde

Modelo:BiografíaEnrique Álvarez Abalde
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xullo de 2010 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)

Enrique Álvarez Abalde, nado en Teis (Vigo) en 1960 e finado o 16 de xullo de 2010, foi un militante comunista galego, preso político[Cómpre referencia] do PCE(r) na década de 1980.

Traxectoria

Abalde militou desde novo na solidariedade cos presos e presas políticas. En outubro de 1980 foi detido xunto a outras 14 persoas (entre elas a súa compañeira) nunha macrooperación contra o PCE(r).

En 1987 foille diagnosticada esclerose múltiple avanzada. O mesmo lle pasou a outros dous presos políticos comunistas, Mercedes Herranz e Ernesto Fernández Portillo. Tras nove anos en prisión, en 1989 foi posto en liberdade condicional por enfermidade grave e incurábel. A finais da década de 1990 ingresou nun hospital xa de forma permanente.

Estaba interno no Hospital da Cruz Vermella de Vigo. En marzo de 2010 houbo protestas a prol da sanidade pública e contra o peche deste centro, no que se atopaban 70 enfermos graves, 6 dos cales, incluído Enrique, se negaron a abandonar o hospital.