Enrique Teijeiro Sanjuán, nado en Fene o 19 de agosto de 1944, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Técnico de Informática. Traballador de Astilleros y Talleres del Noroeste - Astano.
En 1976 foi elixido primeiro secretario da UXT na comarca de Ferrol, e en 1977 foi nomeado secretario do PSOE de Ferrol. Foi membro das Executivas de UXT Galicia e do PSdeG, así como secretario xeral da sección do metal de UXT da provincia da Coruña (intercomarcal de Ferrol) e membro do Comité Federal de UXT-Metal.
Figurou nas listas do PSOE xa nas Xerais de 1979, pero non saíu elixido. En 1986, nos comicios lexislativos foi elixido senador pola provincia da Coruña. Despois desa lexislatura, presentouse de novo como candidato ao Senado nas eleccións de 1989,
Entre febreiro de 1990 e xuño de 1996 foi Gobernador civil de Ourense.
Está casado e ten tres fillos.
Véxase tamén
Outros artigos