Enrique Míguez Gómez, nado en Tui o 14 de marzo de 1966, é un ex-piragüista galego. Posúe vinte e dous títulos nacionais e dez galegos.
Traxectoria
Participou en oito campionatos do mundo, tres olimpíadas (Los Ángeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992) e dous Xogos do Mediterráneo.
Nos Ánxeles, 1984, obtivo medalla de bronce en C2 500 m e foi sexto en 1.000 m. Nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991) conseguiu a medalla de prata en C2 500 m e nos Xogos do Mediterráneo de Languedoc-Rosellón (1993) obtivo a medalla de ouro en C1 1000 m e a de prata en C1 500 m.
Véxase tamén
Ligazóns externas