Radiografía de abdome e tórax dun paciente cunha gastrotomía. Inxectouse radiocontraste no estómago e logo se viu migrando cara arriba a través do esófago. O paciente tiña esofaxite por refluxo grave (grao D)
Sinónimo
Doenza de Refluxo Gastroesofáxico (DRGE) ; .; GERD, GORD (polas siglas en inglés)
Especialidade
Medicina dixestivaGastroenteroloxía
Síntomas
Ardor no peito, regurxitación ácida, dificultade para tragar
Complicacións
Esofaxite erosiva, estenose esofágica, úlceras esofágicas, esófago de Barrett
Duración
Crónica
Causas
Fluxo inverso do contido do estómago cara ao esófago
Factores de risco
Obesidade, tabaquismo, dieta, certos medicamentos
Diagnóstico
Historial médico, endoscopia, manometría esofáxica, proba de pH esofáxico
Prevención
Cambios no estilo de vida, evitar alimentos que desencadean sintomas
Tratamento
Cambios dietéticos, medicación, cirurxía en casos graves
Medicación
Antiácidos, inhibidores da bomba de protóns, antagonistas H2
Prognose
Variable; xestionábel con tratamento adecuado
Frecuencia
Común
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A enfermidade de refluxo gastroesofáxico, tamén coñecida como en inglésGastroesophageal reflux disease (GERD; segundo as siglas en galegoERGE e DRGE)[1] é un trastorno dixestivo crónico que afecta a parte do corpo que vai da boca até o estómago.[2]
Descrición
Caracterízase polo movemento do contido gástrico cara atrás no esófago, provocando síntomas como ardor no peito,[3] regurxitación de comida ou líquido amargo, e dor ao tragar.[2]
Prevalencia
A ERGE é unha condición común que afecta a unha porcentaxe significativa da poboación mundial. A súa prevalencia varía segundo a rexión xeográfica, os hábitos dietéticos e o estilo de vida da poboación. Estímase que un 40% da poboación experimenta refluxo gástrico eventual, pero este non sempre se converte en ERGE.[4][5] En menos de tres décadas esta doenza incrementouse significativamente, en máis dun 70%.[6]
Factores de risco
Os factores que poden incrementar o risco de desenvolver ERGE inclúen obesidade, o consumo de certos alimentos e bebidas, o uso de medicamentos que relaxan o esfínter esofáxico inferior, o tabaquismo, e cambios hormonais durante a gravidez.[7]
Diagnose
O diagnóstico da ERGE xeralmente baséase nos síntomas reportados polo paciente. Pode ser confirmado con probas como a endoscopia dixestiva alta, a manometría esofáxica, e a monitorización do pH esofáxico. A detección precoz e o tratamento adecuado son cruciais para previr complicacións. Durante a pandemia de Covid-19 impulsáronse técnicas educativas debido ás restricións de interacción cos pacientes, incluíndo simulacións de endoscopia e plataformas de aprendizaxe en liña.[8]
Se non se trata, a ERGE pode levar a complicacións graves, incluíndo esofaxite erosiva, que é a inflamación e dano ao revestimento do esófago; estreitamento do esófago, tamén coñecido como estenose esofáxica, que pode dificultar a deglución; úlceras esofáxicas, que son feridas abertas no revestimento do esófago; e o esófago de Barrett, unha doenza onde o tecido normal do esófago cambia a un tipo de tecido similar ao revestimento do intestino, aumentando o risco de cancro esofágico.