Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Os seus arredores están adaptados como lugar de entretemento e lecer. Está rodeado por camiños de area polos cales se pode pasear, correr ou andar en bicicleta. É habitual observar a xente pescando xa que está permitido. En cambio si que está prohibido o baño e os cans deben ir atados; o incumprimento destas normas podería causar unha multa. Actualmente utilízase a súa auga para o abastecemento. Presenta un volume de encoro de 2 hm3 e unha superficie de 27 ha, aínda que o seu caudal varía segundo a época do ano na que nos atopemos. Nalgún verán houbo épocas de seca, debido ás baixas precipitacións. Cando sucede isto pechan as comportas e axúdanse da auga do río Miño para que esta poida chegar a todas as casas.
Biodiversidade
No encoro habitan distintas especies, tanto nas súas augas como nos seus arredores. Moitas atópanse en perigo de extinción, por iso hai que respectar o medio no que viven, coidalo e mantelo limpo. Entre os animais existentes están a carpa, a píntega, a boga do Douro, o martiño peixeiro, a ra verde ou o parrulo.