Estudou no Seminario Menor de Lugo, rematou o bacharelato superior e fixo estudos de maxisterio. Exerceu de comercial en Ourense.
Emilio Álvarez foi un poeta autodidacta, un poeta do pobo, da lareira, que escribía os poemas nun pequeno caderno mentes gardaba as vacas da casa do Grande de Trasar no prado dos Currás.[4] Comezou escribindo en castelán, a lingua na que foi alfabetizado, e co paso do tempo e as lecturas volveu á súa lingua materna, o galego.
A súa primeira obra é en castelán: Caminos al atardecer (1974).[5] Está dedicado A mis padres y hermanos: “Que vivir es ir más allá de nuestro ser y relacionarnos con los demás seres”. Son corenta e tres poemas e tres textos en prosa de diferente temática e lonxitude. Algún chega ás tres páxinas, outros son máis sinxelos:
-¿A dónde vas peregrino con tanta pena y dolor? -Voy a compartir mi pena con alguien que tenga una flor[6].
A rima está presente en moitos. Predomina o versolibrismo, a ausencia de estrofa.
...Allá donde lo eterno y lo misterioso se confunde ...Allá donde nuestras mentes se agotan y no recuerdan ...Allá donde los astros de fuego poco a poco se consumen ...Allá donde nuestros miserables cuerpos se acaban y destruyen ...Allá donde exista un vacío de paz, de silencio y de olvido (como un vago recuerdo de la naturaleza) irán allá nuestras dos almas juntas[7].
O segundo libro poético é en galego: Albas de primaveira (1981).[8] Son 48 poemas numerados. O 36 está dedicado a súa nai, a señora María do Grande:
Campo, xa estás solo Ti e a alma. Ti campo núo. Ti alma deslumbrada pola lus que trouxo consigo a alma[9].
O 37 ao seu avó:
...Ao meu avó carpinteiro que coa túa machada e a túa garlopa mugrenta arrancas virutas de ouro ...[9].
E remata o libro no poema 47:
...Solprendín ao ialba chorando bágoas de tristura e de sangue sobre os pobos escondidos entre as carqueixas e os árbores. Solprendín ao ialba chorando sobre as fontes, os ríos e as charcas bágoas de tristura e de sangue ... [10].