Emilio Madariaga y Rojo , nado na Coruña o 24 de novembro de 1887 e finado en Madrid o 18 de marzo de 1920 foi un escultor galego .
Traxectoria
Este escultor, pertencente a mesma xeración que Francisco Asorey , foi irmán do diplomático e escritor Salvador de Madariaga (eran once irmáns). Formouse en París , sendo quizais o único galego e un dos poucos españois que coñeceu e estudou a obra de Auguste Rodin directamente. Máis tarde, obrigado pola Primeira guerra mundial , trasladouse a Madrid.
Madariaga no estudio madrileño, rodeado das súas obras, co médico Rodríguez e o seu busto.
Foi autor de obras como Amor divino ; Alma castelá ; un busto do seu irmán (Museo de Belas Artes de Asturias );[ 6] Inxenua (Museo de Salamanca ); Dor ; Retrato dun filósofo , Retrato do Sr. Cuervo ; Dama eslava ; Luxuria ; Amor profano ou o busto do médico José Rodríguez Martínez , exposto na praza de Ourense da Coruña ,[ 7] entre outras.
Finou prematuramente, á idade de 33 anos.[ 7]
Galería de imaxes
Castelá .
Inxenua .
Retrato .
Dor .
Ao médico Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas