Emiliano Insúa

Modelo:BiografíaEmiliano Insúa

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalEmiliano Adrián Insúa Zapata
Biografía
Nacemento(es) Emiliano AdriánInsúa Zapata Editar o valor en Wikidata
7 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura1,80 m.
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, 2. Bundesliga, Premier League e Major League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Granada CF
2006–2007   CA Boca Juniors 0(0)
2007–2007 cesión Liverpool F.C. 2(0)
2007–2007   CA Boca Juniors 0(0)
2007–2011 Liverpool F.C. 46(0)
2010–2011 cesión Galatasaray Spor Kulübü 16(0)
2011–2013   Sporting CP 37(0)
2013–2015   Atlético de Madrid 9(0)
2014–2015 cesión   Rayo Vallecano 23(1)
2015– VfB Stuttgart
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2009   Arxentina sub-20 19(0)
2008–2008   Arxentina sub-23 1(0)
2009–2011   Arxentina 4(0)

Facebook: EmilianoAdrianInsua Twitter: EmilianoInsua Instagram: emilianoinsua FIFA: 266787 UEFA: 250040659 Editar o valor en Wikidata

Emiliano Adrián Insúa Zapata, nado en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1989, é un exfutbolista arxentino, de orixe galega, que xogaba como lateral esquerdo e defensa central.

Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutou profesionalmente co Liverpool inglés con tan só 18 anos en 2007. Tras pasar polo Galatasaray e o Sporting de Portugal, fichou en 2013 polo Atlético de Madrid, club co que gañou unha liga, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España. Posteriormente xogou no Rayo Vallecano, o VfB Stuttgart e o Los Angeles Galaxy, antes de regresar en 2021 á Arxentina, para fichar xunto co seu irmán polo Aldovisi. Retirouse en 2023, despois dunha última etapa no Racing Club.[1]

Foi internacional coa selección arxentina en cinco ocasións. É irmán do tamén futbolista Emanuel Insúa.

Traxectoria

Orixe e comezos

Naceu en Buenos Aires, sendo neto de emigrantes galegos, procedentes do concello de Carral e do lugar de Vilarbetote, no concello lucense de Trabada.[2] É irmán máis vello do tamén futbolista Emanuel Insúa. Comezou a xogar ao fútbol no modesto Pinocho, pasando logo ao Club Parque.

Boca Juniors

Sendo aínda neno, entrou nas categorías inferiores do Boca Juniors e no 2007 foi cedido ao Liverpool inglés, nun principio por un período de 18 meses. Máis tarde, o Liverpool FC e o Boca Juniors chegaron a un acordo para cambiar a metade do seu pase polo de Gabriel Paletta, que deste xeito regresou ao club arxentino.

Liverpool

O 28 de abril de 2007 debutou na Premier League, da man do adestrador española Rafa Benítez, nun partido contra o Portsmouth en Fratton Park. Durante os seus dous primeiros anos xogou principalmente co equipo reserva co que se proclamou campión da Premier Reserve League en 2008. Anotou o seu único gol co primeiro equipo o 28 de outubro de 2009 ante o Arsenal no Emirates Stadium. Disputou un total de 62 encontros co Liverpool en catro tempadas, seis deles na Liga de Campións.

Cesión ao Galatasaray

En agosto de 2010 foi cedido ao Galatasaray, da Süper Lig turca.[3] En Turquía disputou 19 encontros, 14 deles como titular.

Sporting de Portugal

En agosto de 2011 foi traspasado ao Sporting de Lisboa, onde asinou un contrato por cinco tempadas.[4] Debutou co club portugués o 15 de setembro na Europa League, marcando o primeiro gol da vitoria por 2-0 sobre o FC Zürich. Militou unha tempada e media no club lisboeta, xogando 66 partidos e marcando 6 goles.

Atlético de Madrid

En xaneiro de 2013 foi traspasado ao Atlético de Madrid por 3.500.000 €.[5][6] O 14 de abril produciuse o seu debut co club do Manzanares na vitoria por cinco a cero ante o Granada correspondente á trixésimo primeira xornada de Liga. Insua saltou ao campo no minuto 71 substituíndo ao brasileiro Filipe Luís.[7] O 17 de maio, o Atlético de Madrid disputou a final da Copa do Rei ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu. A pesar de non xogar ningún partido da competición, Insua foi convocado e puido ver desde o banco como o seu equipo derrotaba na prórroga por 2-1 ao seu rival, proclamándose así campión da competición.

Na tempada 2013/14 continuou como suplente de Filipe Luís, e disputou seis partidos de liga, competición na que o Atlético de Madrid acabou proclamándose campión na última xornada. Ademais, durante esa tempada disputou os seus primeiros partidos coa camiseta do Atlético de Madrid na Copa de Rei e na Liga de Campións, rematando subcampión desta última.

Ao comezo da tempada 2014-15 o equipo proclamouse campión da Supercopa de España aínda que Insúa non foi convocado.[8]

Cesión ao Rayo Vallecano

O 1 de setembro fíxose oficial a súa cesión ao Rayo Vallecano por unha tempada.[9] Debutou co seu novo club na terceira xornada da liga de Primeira División, nunha derrota por 1-3 ante o Elche. Marcou o seu primeiro e único gol para o equipo vallecano na xornada 35, contra o Espanyol en Cornellà. Xogou un total de 24 partidos co equipo de Paco Jémez, 21 deles como titular, rematando a tempada na undécima posición.

VfB Stuttgart

En xullo de 2015 deixou o Atlético e fichou polo VfB Stuttgart.[10][11] Debutou co equipo alemán o 8 de agosto na primeira rolda da Copa de Alemaña fronte ao Holstein Kiel, partido que acabou con vitoria por 1-2. Oito días despois debutou na Bundesliga, na derrota por 1-3 contra o Köln. Disputou 33 encontros na súa primeira tempada na Bundesliga, na que o club acabou descendendo á 2. Bundesliga. Con todo, proclamouse campión da segunda división na campaña seguinte, na que participou en 34 encontros, volvendo así á máxima categoría. Xogou no club alemán ata xaneiro de 2020, disputando un total de 135 partidos, con 3 goles e 14 asistencias.

Los Angeles Galaxy

En xaneiro de 2020 foi traspasado ao Los Angeles Galaxy, da MLS,[12] co que disputou 22 encontros durante o ano.

Aldosivi

En febreiro de 2021 regresou á Arxentina, fichando polo Aldosivi de Mar del Plata. Foi presentado xunto co seu irmán Emanuel, coincidindo ambos no mesmo equipo por primeira vez.[13][14] Disputou 20 encontros co equipo na Liga Profesional e 5 na Copa da Liga.

Racing

En xaneiro de 2022 asinou como novo xogador do Racing Club. Militou dous anos no club de Avellaneda, co que disputou 61 partidos oficiais, gañando un Trofeo de Campións e participando tanto na Copa Suramericana como na Libertadores. Ao remate da tempada 2023 anunciou a súa retirada do fútbol.[15]

Selección nacional

Foi internacional coas categorías inferiores da selección arxentina e proclamouse campión do mundo no Mundial sub-20 disputado no Canadá en 2007.

O 10 de outubro de 2009 debutou coa selección arxentina absoluta, da man do seleccionador Diego Armando Maradona. Foi nunha vitoria por 2-1 contra o Perú nun partido de clasificación para o Mundial de 2010. Disputou un total de catro partidos entre 2009 e 2011. En 2017, despois de anos de ausencia, foi de novo convocado polo seleccionador Jorge Sampaoli para dous amigables contra Nixeria e Rusia, tras lesionarse Lucas Biglia.[16]

Palmarés

Liverpool
Atlético de Madrid
VfB Stuttgart
Racing Club
Arxentina sub-20

Notas

  1. "LA Galaxy sign defender Emiliano Insúa" (en inglés). Los Angeles Galaxy. 2 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  2. Barreiros, Pedro J. (31 de xullo de 2017). "«Si me invitan, estaría encantado de acudir con la selección gallega»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. "Emiliano Insúa cedido al Galatasaray" (en castelán). 31 de agosto de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  4. "El Liverpool confirma el traspaso de Emiliano Insúa al Sporting de Lisboa". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  5. Bruña, Manuel (25 de xaneiro de 2013). "El Atlético ficha a Emiliano Insúa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  6. "Emiliano Insúa ya es nuevo jugador del Atlético de Madrid" (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  7. "Atlético - Granada 2013". BDFutbol (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  8. Pérez, A. R. (19 de agosto de 2014). "Simeone deja fuera de la Supercopa a Alderweireld, Insúa, Baptistao y Gámez" (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  9. "Insua jugará cedido en el Rayo lo que resta de campaña". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  10. "Emiliano Insua verstärkt den VfB". VfB Stuttgart (en alemán). 11 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  11. "Insúa ficha por el Stuttgart hasta 2018" (en castelán). 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  12. "Emiliano Insúa, nuevo jugador del Galaxy de Los Angeles". Marca (en castelán). 2 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  13. "Los Insúa en Aldosivi: “Gracias por hacer este sueño realidad”" (en castelán). 18 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  14. "Los hermanos Insúa: fútbol, Gago y chicanas" (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  15. "Emiliano Insúa habló de su retiro en Racing: "Si no puedo dar el cien, prefiero no seguir"" (en castelán). 21 de agosto de 2024. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  16. "Emiliano Insúa, citado a la Selección" (en castelán). 31 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas