O Emblema Hacker é un deseño proposto en outubro do 2003 por Eric S. Raymond, alegando a necesidade dunha unificación e un símbolo recoñecible para a percepción da cultura hacker. Isto non se refire á acción de infrinxir ou irromper sen permiso nos ordenadores, acción realizada polos chamados crackers.
Características
Eric S. Raymond dixo que un non pretende ser un hacker só para mostrar este emblema, mais suxire que "o uso de este emblema, expresa a solidariedade cos obxectivos e valores hacker, e a forma de vivir dun hacker".[1]
A imaxe en si mesma é unha representación dun planeador (Glider), unha formación no Xogo da vida de John Conwar que viaxa en tódolos ámbitos. Foi descuberta por primeira vez por Richard K. Guy. É a máis pequena nave espacial, e desprázase en forma diagonal a unha velocidade de c/4. O planeador é frecuentemente producido a partir de xeracións preconfiguradas aleatorias.
Os planeadores son importantes para o Xogo da vida porque son producidos con facilidade, poden ser colisionados entre si para formar obxectos máis complexos, e pode utilizarse para transmitir información a longa distancia.