Elías Antonio ("Tony") Saca González, empresario de comunicacións nado o 9 de marzo de 1965. Elixido presidente da República en 21 de marzo de 2004[1] para o mandato desde o 1 de xuño de 2004 ata o 1 de xuño de 2009[2]. Foi o presidente con maior porcentaxe de votación favorable desde o último Golpe de estado en 1979. Pertence ao partido Alianza Republicana Nacionalista - ARENA.
Traxectoria xornalística e empresarial
Antonio Saca, tamén popularmente coñecido como Tony Saca, naceu na cidade de Usulután, o 9 de marzo de 1965, descende dunha familia palestina católica que chegou ao Salvador a principios do século XX. En 1983, comezou estudos superiores inacabados de xornalismo na Universidade do Salvador[2]. Desenvolveu a súa carreira como empresario na área de comunicacións, como narrador de informativos, así como locutor deportivo en radio e televisión. Participou na creación de Radio América e despois creou e dirixiu a súa propia emisora, Radio Astral.
Pertence á Alianza Republicana Nacionalista (ARENA).
Notas