A escultura representa unha caixa de mistos caída no chan, con cinco deles cara a arriba, e un deles aceso. Arredor da caixa hai catro mistos máis ciscados en diversos puntos, que xa foron empregados. Están pintados con cores vivas, negro, amarelo, vermello e azul. A escultura repousa enriba dunha base de formigón e, ademais do traballo de cada peza, destaca a súa cumprida integración na contorna. As medidas son 20,73 x 10,06 x 13,21 metros. Os materiais son aceiro e fibra de vidro. Inaugurouse en xaneiro de 1992, co gallo da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona.
É unha obra do escultor e deseñador pop estadounidense Claes Oldenburg e da crítica de arte e restauradora Coosje van Bruggen. En 1987 recibiron o encargo de realizar unha escultura para a área Olímpica de Vall d'Hebrón da cidade de Barcelona, e deseñaron este conxunto escultórico xigante, que se basea en obxectos cotiáns e cativos, reproducidos a grande escala.
Notas
↑Art Públic Ajuntament de Barcelona. (ed.). "Els mistos". Consultado o 24 de marzo de 2013.
Ajuntament de Barcelona. Polígrafa. Barcelona : open-air escultures = sculptures = esculturas (en català; castellà; anglès). Ajuntament de Barcelona. Polígrafa, 2003. ISBN 84-343-1019-8.
Bou i Roura, Lluís. Ajuntament de Barcelona. Itineraris Horta-Guinardó (en català). Ajuntament de Barcelona, 2002. Dipòsit legal B.22.877-2002. ISBN 84-7609-991-6.
Romaní, Daniel. Actar. Barcelona : escultura guia = sculpture guide (en català, castellà i anglès). Actar, 1996. ISBN 84-89698-12-0.