Els amics de les Arts

Els Amics de les Arts
Els Amics de les Arts
OrixeBarcelona, Cataluña Cataluña
Período2005-presente
Xénero(s)Pop, folk, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Discmedi
MembrosDani Alegret
Joan Enric Barceló
Eduard Costa
Ferran Piqué
Na rede
elsamicsdelesarts.cat e pistatxo.cat
IMDB: nm3715909 Facebook: elsamicsdelesarts Twitter: amicsdelesarts Instagram: elsamicsdelesarts MySpace: elsamicsdelesarts Youtube: UCbP-zt6f5hDkqqVVnJcooHQ Souncloud: elsamicsdelesarts Spotify: 0op3EnoEZ0jQY13sbyoSo2 iTunes: 350520220 Last fm: Els+Amics+de+les+Arts Musicbrainz: 6890a660-4c90-4b6f-b3f4-b0115e3e809e Songkick: 1215507 Discogs: 2540436 Allmusic: mn0002458999 Deezer: 427066 Editar o valor en Wikidata

Els Amics de les Arts é un grupo de música en catalán formado en Barcelona no ano 2005, que se caracteriza polas súas cancións de folk-pop con melodías sinxelas, pinceladas de electrónica, xogos de palabras e ironía.

Traxectoria

No ano 2005 gravaron e editaron eles mesmos a demo Catalonautes (Pistatxo Records) coa que gañaron o Premio ao Mellor Grupo por votación popular na final do concurso Sona 9. O ano seguinte, en 2006, lanzaron a súa segunda demo Roulotte Polar (Pistatxo Records). E en 2008 viu a luz o primeiro disco de estudo, Castafiore Cabaret (Pistatxo Records).

A revista Enderrock no seu número 153, de xullo de 2008, adicou unha reportaxe especial a Els Amics de les Arts onde incluíu o disc Castafiore Cabaret (Edición Especial) de xeito gratuíto. Publicouse unha tirada de 8.000 copias. A partir deste momento iniciaron a Xira Castafiore, tocaron na FiM Fira de Música al Carrer de Vila-seca, no Festinoval de Lleida, en La Mirona, na Sala Apolo, no Minifestival de Músicas Independentes de Barcelona e no Festival D9.CAT de Palma, entre outros.

Durante o verán de 2009 o grupo comezou o proceso de gravación do seu cuarto traballo, titulado Bed & Breakfast (N57 Records), que saíu en decembro dese mesmo ano.

A Xira B&B comezou o 31 de outubro de 2009 en Calaf e rematou no Palau de la Música Catalana o día 7 de febreiro de 2011. Entre esas datas, o grupo realizou 115 concertos arredor do Principado, as Illas Baleares e o País Valencià. Destacan a súa participación no festival PopArb, o concerto de Decennals de Valls e o concerto no Escenario Damm durante as Festas da Mercè 2010 sendo abreconcertos OK GO e Belle & Sebastian.

En maio de 2011 fixeron unha xira por seis cidades alemás que culminou cun concerto multitudinario no Alte Kantine de Berlín.

No ano 2011 protagonizaron, xunto co actor Quim Gutiérrez, o anuncio promocional de Estrella Damm, patrocinador oficial do FC Barcelona, titulado Què tenim?.

O nome do grupo vén da idea de que quen non é un profesional nalgunha cousa é un amic e da existencia dun bar en Terrassa chamado 'Amics de les arts' ao que Joan Enric ía a miúdo.

Els Amics de les Arts e Jean-Luc Godard

Nunha entrevista no programa Ànima Els Amics de les Arts manifestaron a súa admiración por Jean-Luc Godard. Jean-Luc é o título dunha canción do seu último álbum Bed & Breakfast. Els Amics de les Arts considéranse grandes admiradores da figura de Godard, concretamente din del:

Fai o que quere cando lle dá a gana e como lle dá a gana, non segue ningunha maneira de moda nin de canons. Sempre se pasa as normas por onde lle vai ben e iso gústanos moito. É unha persoa moi fiel a si mesma e non tivo nada exterior en conta, senón que creou con toda liberdade e agora tamén investiga moito coas novas tecnoloxías.[1]

Membros

  • Joan Enric Barceló (2005 - presente) - Voz e guitarra
  • Ferran Piqué (2005 - presente) - Voz, guitarra e bases
  • Dani Alegret (2005 - presente) - Voz e piano
  • Eduard Costa (2005 - 2018)[2] - Voz, kazoo, xilófono e melódica

Premios

Bed and Breakfast de Els Amics de les Arts é Premio Disco Catalán do ano 2009, autorgado por Ràdio 4. É o premio de música con máis historia de Cataluña e nestas últimas edicións son os oíntes os que votan a través de Internet o mellor disco cantado en catalán da tempada.

Els Amics de les Arts gañaron o premio Enderrock da crítica ao mellor disco 2009 polo seu disco Bed & Breakfast, e tamén o Premio ao mellor disco de canción de autor.[3]

Tamén conseguiron o Premio Cerverí por votación popular de Xirona á letra da mellor canción en catalán polo tema Reykjavik do seu álbum Bed & Breakfast.

Discografía

Álbums de estudio

Demos

  • 2005: Catalonautes (Pistatxo Records)
  • 2007: Roulotte Polar (Pistatxo Records)

Especial

  • 2009: Càpsules Hoi-poi [Disc de rareses] (Pistatxo Records)
  • 2009: Les mans plenes (Pistatxo Records) - Colaboración co fanzine Malalletra
  • 2009: Non-non (Pistatxo Records) - Colaboración co fanzine Malalletra
  • 2010: Submarí Pop. Tributo catalán a The Beatles (Grup Enderrock) - Compilación
  • 2010: Bed & Breakfast [Edición Especial] (Discmedi)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas