Elmer Samuel Imes, nado en Memphis (Tennessee) o 12 de outubro de 1883 e finado en Manhattan (Nova York) o 11 de setembro de 1941, foi un físico estadounidense de orixe afroamericana.
Graduado na Universidade de Míchigan en 1918, foi o segundo físico desa orixe en graduarse nas universidades dos EEUU (O primeiro foi Edward Alexander Bouchet, no 1876).[1]
Traxectoria
Mellorou os sistemas espectroscópicos, acadando definicións espectrais moito máis precisas que as dispoñibles con anterioridade, e descubrindo así a aplicabilidade dos cuantos a transicións enerxéticas diferentes das do electrón na órbita atómica.[2]
Notas