Ellen Gabriel

Modelo:BiografíaEllen Gabriel
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Kanesatake, Canadá Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo mohawk Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Concordia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata

Sitio websovereignvoices1.wordpress.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: EllenGabriel1 Editar o valor en Wikidata

Ellen Gabriel, nada en 1959,[1] tamén coñecida como Katsi'tsakwas, é unha activista e artista[2] mohawk de Kanehsatà:ke, do clan da tartaruga, coñecida pola súa implicación como voceira oficial[3] durante a crise de Oka.[4][5]

Traxectoria

Ellen Gabriel naceu en 1959 en Kanehsatà:ke, no Quebec.[6] Dende pequena foi unha apaixonada pola arte.[7] Gabriel creceu durante os anos 60 e 70, sendo testemuña de movementos contra a guerra e polos dereitos das mulleres, o que espertou o seu interese polo activismo.[7][8]

En maio de 1990, licenciouse en Belas Artes pola Universidade Concordia, especializándose en Studio Art.[7] En 2021, Gabriel completou un programa de documental dun ano no conservatorio na Escola de Cinema de Nova York.[9]

Activismo

En marzo de 1990, Gabriel uniuse ao movemento contra a expansión dun campo de golf en Oka, Quebec. Ese evento acabou por escalar na crise de Oka. Para dar a coñecer a crise, viaxou internacionalmente, incluíndo visitas á Haia, Estrasburgo e o Xapón.

O 19 de maio de 2009, Gabriel pronunciou un discurso na oitava sesión do Foro Permanente das Nacións Unidas sobre as cuestións indíxenas.[10]

Entre o 11 e o 15 de xullo de 2011, pronunciou un discurso na cuarta sesión do Mecanismo de Expertos en Dereitos dos Pobos Indíxenas..[11]

O 7 de maio de 2013, no que se refire ao proxecto de lei S-2, pronunciou un discurso ante o 41º Parlamento, 1ª Sesión, na Comisión Permanente da Condición Social da Muller.[12][13]

Gabriel ocupa tamén un cargo como membro do Comité Directivo de Acción Climática Indíxena.

Notas

  1. "Canadian Aboriginal Art at the Senate". Arquivado dende o orixinal o 2016-07-27. Consultado o 2014-04-19. 
  2. Ellen Gabriel was born in Kanehsatà:ke, Katsi’tsakwas and gr by Emily Wicks on Prezi
  3. "Katsitsakwas Ellen Gabriel « Women Suffrage and Beyond". Arquivado dende o orixinal o 2018-02-18. Consultado o 2014-04-19. 
  4. Newsmaker: Ellen Gabriel discusses the Idle No More conflict | CTV Montreal News
  5. "Assembly of First Nations – Katsi’tsakwas Ellen Gabriel". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2024. 
  6. "Canadian Aboriginal Art at the Senate". 2016-07-27. Arquivado dende o orixinal o 2016-07-27. Consultado o 2024-03-18. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "UW-Conference Speakers". 2016-03-03. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-03. Consultado o 2024-03-18. 
  8. Gabriel, Ellen (26 de xuño de 2012). "Ellen Gabriel". sovereignvoices1. 
  9. "Katsi'tsakwas Ellen Gabriel". LinkedIn. 18 de marzo de 2024. 
  10. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-04-19. Consultado o 2014-04-19. 
  11. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-04-20. Consultado o 2014-04-19. 
  12. House of Commons Committees – FEWO (41-1) – Evidence – Number 075
  13. Status of Women Committee on May 7th, 2013 | openparliament.ca