Entre as súas obras destaca An essay on combustion: with a view to a new art of dying and painting. Wherein the phlogistic and antiphlogistic hypotheses are proven erroneous (1794), cuxo propósito era atopar aplicacións prácticas nos seus experimentos.[2][3] Porén, dedicou a súa vida á química teórica. Fullhame rexeitou en parte a teoría da combustión de Lavoisier e a teoría do floxisto. O seu libro foi reimpreso en 1810.
Fulhame publicou nun libro os seus experimentos sobre reducións onde usara auga con metais para non ser "plaxiada". Tamén dixo que o seu libro posiblemente podería servir como "un faro para as futuras navegantes" (por exemplo, mulleres) nas investigacións científicas. Lamentablemente, Antoine Lavoisier morreu seis meses antes da publicación do seu libro e, polo tanto, non puido responder á súa teoría. O químico irlandés William Higgins queixouse de que ignorara o seu traballo sobre a implicación da auga na oxidación do ferro, pero concluíu magnanimemente: "Lin o teu libro con gran pracer, e desexo sinceramente que se siga o teu loable exemplo".[2][5]