Elena Novikova-Belova (en ruso: Елена Новикова-Белова), nada en Sovetskaya Gavan, (Rusia) o 28 de xullo de 1947, é profesora e ex tiradora de esgrima rusa, gañadora de seis medallas olímpicas coa Unión Soviética, catro delas de ouro.
Ademais foi profesora do departamento de pedagoxía da Universidade Estatal de Cultura Física de Belarús.[1]
Traxectoria
Residente en Minsk, formou parte do Dinamo de Minsk e participou aos 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados en México, gañando unha medalla de ouro na proba de florete individual e outra na proba por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic revalidou a medalla de ouro por equipos, quedando quinta na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal gañou a súa terceira medalla de ouro por equipos e unha de bronce na competición individual. Desde 1979 é profesora universitaria en Minsk. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou unha medalla de prata na proba por equipos ao perder ante o equipo francés, e foi novena na proba individual.
Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro.
O 17 de maio de 2007 o Comité Olímpico Internacional concedeulle a Medalla Pierre de Coubertin [2].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas