Electrión

Modelo:BiografíaElectrión
Nome orixinal(el) Ἠλεκτρύων Editar o valor en Wikidata
Biografía
King of Mycenae (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEurídice
Anaxo Editar o valor en Wikidata
ParellaMideia Editar o valor en Wikidata
FillosAlcmena
 ()
Licimnio
 () Mideia
Gorgophonus
 ()
Phylonomus
 ()
Lysinomus
 ()
Amphimachus
 ()
Celaineus
 ()
Stratobates
 ()
Archelaus
 ()
Cheirimachus
 ()
Anactor
 () Editar o valor en Wikidata
PaisPerseo Editar o valor en Wikidata  e Andrómeda Editar o valor en Wikidata
IrmánsMestor
Perses
Alceu
Estênelo
Gorgófona
Erythras Editar o valor en Wikidata

Electrión foi, segundo a mitoloxía grega, un rei de Micenas, fillo de Perseo e de Andrómeda (filla dos reis Cefeo e Casiopea). Casou con Anaxo (ou Anasaso), de quen tivo a Alcmena (nai de Heracles [1]) e nove fillos varóns: Estróbates, Gorgófono, Filónomo, Celeneo, Anfímaco, Lisínomo, Querímaco, Anáctor e Arquelao. Tamén tivo un fillo bastardo, Licimnio, de Midea [2].

Un día presentáronse ante el os fillos de Pterelao e reclamaron o reino; Pterelao era o bisneto de Méstor, irmán de Electrión. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio) como os fillos de Pterelao (salvo Everes). Electrión quixo ir vingar a morte dos seus fillos e deixou o reino en mans de Anfitrión (sobriño e xenro seu)) e Alcmena, pero fixo xurar a Anfitrión que a gardaría virxe ata o seu regreso. Fixo fuxir ó exército inimigo, pero este levou consigo o botín de guerra, formado por abundante gando, que foi recuperado por Anfitrión, pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e el tiroulle unha maza, con tan mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo [3]. Por este motivo, Anfitrión foi exiliado de Argos por Esténelo (irmán de Electrión) e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas.

Hesíodo (Escudo) e Homero (Ilíada XIV, 323) dan unha versión diferente da morte de Electrión, segundo a cal Anfitrión matouno nunha agarrada por cousa das vacas e marchou voluntariamente a Tebas.

"Aquel matou ó seu valiente pai, someténdoo con violencia, alporizado por culpa dunhas vacas, e abandonando á súa terra en dirección a Tebas, acudiu como suplicante ante os cadmeos, portadores de escudos... Algunha falta grande cometeu Anfitrión contra os felices deuses do Olimpo, cando chegou a Tebas... despois de haber matado a Electrión a causa dunhas vacas de ancha testa".
(Hesiodo: Escudo 11-14, 80-84)

Electrión é coñecido principalmente polas lendas relativas ó fillo de Alcmena, Heracles.

Notas

  1. Eurípides (Heraclidas) discorda e di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.
  2. Pseudo-Apolodoro, II, 4, 5.
  3. Outra tradición di que Electrión morrera antes de poder saír á guerra contra Pterelao, polo que foi Anfitrión quen organizou a expedición (Grimal, s.v. Pterelao).

Véxase tamén

Bibliografía