Electrelane foi unha banda inglesa de indie rock formada en Brighton en 1998 por Verity Susman e Emma Gaze. O grupo estaba composto por Susman, Gaze, Mia Clarke, e Ros Murray. A súa música tiña unha ampla gama de influencias como Neu!, Stereolab, Sonic Youth, e The Velvet Underground. Aínda que os membros da banda tiñan unhas fortes posturas feministas e políticas nas súas vidas persoais, xeralmente preferían non comunicar iso directamente aos seus fans ou a través da súa música;[1] unha excepción foi a súa inclusión na canción protesta "The Partisan", unha versión de Leonard Cohen que comezaron a tocar de xira polos Estados Unidos nos meses anteriores ás eleccións presidenciais de 2004. A banda ao vivo tiña a reputación de centrase na súa música cunha mínima interacción co público e raramente tocaba máis dun bis.[2][3][4]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas