Eleccións xerais de España de 1881

Eleccións xerais de España de 1881
 ← 1879 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1884 Editar o valor en Wikidata  → 
Data21 de agosto de 1881 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Práxedes Mateo Sagasta

As Eleccións Xerais de 21 de agosto de 1881 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes

En 1878 o grupo de vellos unionistas dirixido por Manuel Alonso Martínez abandona o Partido Liberal-Conservador e regresa ás filas do Partido Constitucional de Sagasta, que abandonara en 1875. En 1880, tras cinco anos consecutivos de goberno, continúa a erosión do Partido Liberal-Conservador. O 9 de marzo de 1880, o xeneral Arsenio Martínez Campos, pásase cos seus seguidores ao Partido Constitucional. Ese mesmo ano abandonan as filas conservadoras e súmanse ás liberais José Pousada Herrera, antigo dirixente da Unión Liberal e presidente do Congreso nas primeiras Cortes da Restauración, así como un grupo de vellos notables do Partido Moderado que non atopan acomodo nas filas conservadoras, como o conde de Xiquena ou Balmaseda. A raíz destas incorporacións, o Partido Constitucional pasou a denominarse Partido Liberal Fusionista. En xaneiro de 1881 Sagasta, fortalecido o seu partido, reclama ao rei Afonso XII que cese aos conservadores e chame ao goberno aos liberal-fusionistas. O rei accede á demanda de Sagasta e o 8 de 1881, Sagasta asume por primeira vez na Restauración a presidencia do Consello de Ministros.

Características

O número de votantes para estas eleccións era de 846.961 (o 4,99% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 392 deputados o día 20 de agosto de 1881.

Composición do Congreso dos Deputados

Eleccións Xerais en España, 21 de agosto de 1881

Partido Escanos Líder
Partido Liberal Fusionista 290 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 62 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Demócrata, Partido Progresista 32 Emilio Castelar, Cristino Martos Balbi
Unión Católica 2 Alejandro Pidal y Mon
Comuñón Tradicionalista 2 José María Ampuero y Jáuregui
Unión Vasca 1 Joaquín de Vera y Olazábal, marqués de Narros
Independentes 3

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas