Nas eleccións de Mozambique son escollidos representantes a varios niveis:
- A nivel nacional un xefe de Estado –o presidente– e unha lexislatura. O presidente é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. A Assembleia da República ten 250 membros, elixidos para un mandato de cinco anos por representación proporcional.
- a nivel provincial, desde 2009 as Asembleas Provinciais, elixidas ao mesmo tempo que as eleccións nacionais.
- a nivel local, dende 1998 as Eleccións Municipais para elixir os dirixentes do crecente número de concellos: o presidente do Consello Municipal e das Asembleas Municipais.
Lei da comisión electoral
As eleccións mozambicanas son dirixidas pola Comisión Electoral Nacional (CNE) e a lei electoral foi cambiando a miúdo, a máis recente modificadión data de 2018.[1]
En decembro de 2012, unha nova lei sobre a composición da comisión electoral está formada por oito representantes dos partidos políticos: cinco designados polo actual FRELIMO, dous polo principal opositor RENAMO e un polo Movimento Democrático de Moçambique (MDM). Hai outros tres membros nomeados por representantes da sociedade civil, un xuíz designado polo Consello Superior da Maxistratura Xudicial e un avogado designado polo Consello Superior do Ministerio Fiscal.[2]
1994 - Eleccións presidenciais e parlamentarias
Nas primeiras eleccións multipartidistas celebradas en Mozambique, en 1994, o candidato do FRELIMO e presidente de Mozambique desde 1986 foi elixido Joaquim Chissano e o partido da oposición e antigo grupo guerrilleiro RENAMO recoñeceu o resultado. O Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que tiña unha operación de mantemento da paz baseada alí debido á guerra civil, avalou os resultados como libres e xustos na Resolución 960.
1999 – Eleccións presidenciais e parlamentarias
Nas eleccións de finais de 1999 o presidente Joaquim Chissano do FRELIMO foi reelixido co 52,3% dos votos, e o FRELIMO conseguiu 133 dos 250 escanos parlamentarios. O principal candidato dos partidos da oposición, Afonso Dhlakama de RENAMO, obtivo o 47,7% e o partido gañou os 117 escanos parlamentarios restantes.
2004 – Eleccións presidenciais e parlamentarias
Nas eleccións do 1 ao 2 de decembro de 2004, Armando Guebuza, o novo candidato do FRELIMO, gañou co 63,7% dos votos, máis do dobre que o candidato da RENAMO Afonso Dhlakama (31,7%). Nas eleccións parlamentarias o FRELIMO obtivo o 62% (1,8 millóns) dos votos, a RENAMO o 29,7% (905.000 votos), e 18 partidos menores repartiron o 8% restante. O FRELIMO ocupará 160 dos escanos parlamentarios, RENAMO 90.
As eleccións foron criticadas por non ter sido realizadas de forma xusta e transparente pola Comisión Nacional Electoral. Déronse varios casos de fraude electoral que permaneceron sen sanción. Isto foi criticado entre outros pola Misión de Observación Electoral da Unión Europea a Mozambique e o Centro Carter. Non obstante, as deficiencias das eleccións probablemente non afectaron (tamén segundo os observadores da UE) o resultado final das eleccións presidenciais. A distribución de escanos parlamentarios entre os partidos terase algo alterada, aínda que (probablemente a RENAMO perda un número de escanos ante o FRELIMO).
O 2 de febreiro de 2005 Guebuza foi xurado como presidente da república, pero sen o recoñecemento e a presenza de Dhlakama e RENAMO na toma de posesión. RENAMO, con todo, acordou participar no Parlamento e no Consello de Estado.
2009 – Eleccións presidenciais e parlamentarias
As eleccións presidenciais e parlamentarias celebráronse o 28 de outubro de 2009 por cuarta vez desde a introdución do sistema pluripartidista. Nas eleccións á Assembleia da República, o FRELIMO e a RENAMO disputaron as 13 circunscricións parlamentarias, pero o acabado de formar MDM só puido competir en 4 circunscricións parlamentarias.
2014 – Eleccións presidenciais e parlamentarias
As eleccións presidenciais e parlamentarias celebráronse o 15 de outubro de 2014 por quinta vez desde a introdución do sistema pluripartidista. Nas eleccións á Assembleia da República, o FRELIMO, MDM e RENAMO disputaron as 13 circunscricións parlamentarias.
2019 – Eleccións presidenciais e parlamentarias
Resultados das eleccións parlamentarias
Partido Político
|
Ano electoral
|
1994
|
1999
|
2004
|
2009
|
2014
|
2019
|
Frente de Libertação de Moçambique (FRELIMO)
|
129
|
133
|
160
|
191
|
144
|
184
|
Resistência Nacional de Moçambique (RENAMO)
|
112
|
-
|
-
|
51
|
89
|
60
|
União Nacional de Resistência Eleitoral de Moçambique (RENAMO-UE)
|
-
|
117
|
90
|
-
|
-
|
-
|
União Democrática (UD)
|
09
|
-
|
-
|
-
|
-
|
-
|
Movimento Democrático de Moçambique (MDM)
|
-
|
-
|
-
|
08
|
17
|
6
|
Total
|
250
|
250
|
250
|
250
|
250
|
250
|
Participación
|
87,9 %
|
69,54 %
|
33,60 %
|
44,63 %
|
49,03 %
|
51,84 %
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas