Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
El Pueblo.
El Pueblo foi un periódico español editado en Valencia entre 1894 e 1939. Fundado polo escritor Vicente Blasco Ibáñez, o periódico converteuse no órgano oficial do blasquismo e acabou consolidándose como unha das publicaciçones máis lidas da capital valenciana. Continuou editándose ata o fin da Guerra civil.
Historia e características
Subtitulado Diario republicano de Valencia, apareceu o 12 de novembro de 1894. Fundado por Vicente Blasco Ibáñez, articulouse como órgano de expresión do blasquismo. Rodrigo Soriano, colaborador de Blasco Ibáñez, financiou a publicación.
Mantivo un corte moi político nos seus primeiros anos (coincidindo coa xestión de Vicente Blasco Ibáñez), en 1906 cambiou o deseño e os contidos, con máis información periodística e imaxes e maior atención á actualidade social, aínda que sen perder as súas características republicanas esenciais. Coa ditadura de Primo de Rivera e a censura, abandonou a maior parte do contido político para pasar a dedicar as súas páxinas a cuestións de lecer e entretemento.
Cambiou de titular en 1929, cando foi adquirido por Sigfrido Blasco-Ibáñez (fillo de Vicente Blasco Ibáñez), que se fixo cargo da dirección en substitución de Félix Azzati. Durante a Segunda República o diario vinculuse co lerrouxismo e converteuse no órgano do Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA). Consolidado como un dos diarios máis lidos de Valencia, neste período alcanzou unha difusión de 20.000 exemplares.
Continuou editándose ata a súa desaparición en 1939, cos fin da Guerra civil. As súas instalacións foron incautadas por FET y de las JONS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas