El Miliciano Gallego foi unha publicación periódica editada en Madrid promovida por Santiago Álvarez, voceiro do Batallón de Milicias Gallegas.
Historia e características
Subtitulada Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster, apareceu no mes de agosto de 1936 e cesou a súa publicación en maio de 1937. Entre os seus colaboradores figuraron Rafael Dieste, Xosé Rubia Barcia, Compostela, Ramiro Isla Couto e Rubén Gotay Montalvo. De pequeno formato, tiña oito páxinas. Foi o precedente de Nueva Galicia.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos