El Caracol

Modelo:Xeografía físicaEl Caracol
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDistrito de Cayo, Belize Editar o valor en Wikidata
Mapa
 16°45′50″N 89°07′03″O / 16.763927777778, -89.117591666667
BNE: XX5295932
Vista aérea do sitio.

El Caracol ou Caracol é o nome dado a un sitio arqueolóxico maia de grandes dimensións, localizado no distrito de Cayo, en Belize. Atópase a uns 40 km ó sur de Xunantunich e San Ignacio Cayo, a unha altitude de 460 m, preto dos montes Maia.[1] O antigo nome maia deste lugar puido ser Oxhuitza.

El Caracol foi ocupada dende 1200 a. C., mais o seu período de maior expansión construtiva corresponde ó período clásico maia,[2] con máis de 40 monumentos datados entre 485 e 889 que rexistran a secuencia dinástica dos seus gobernantes.

A antiga Caracol foi unha das maiores cidades maias, cubrindo uns 168 km²,[3] cunha poboación máxima estimada entre os 120 000 e os 180 000 habitantes.[4] Un dos monumentos rexistra unha vitoria militar sobre o exército de Tikal en 562.

O sitio foi descuberto en 1938. Traballos máis extensos foron levados a cabo pola Universidade da Pensilvania en 1951 e 1953. Dende 1985, decorre un proxecto de escavacións arqueolóxicas e restauración das estruturas antigas de El Caracol, baixo a dirección de arqueólogos da Universidade de Florida Central.

Notas

  1. Arlen Chase and Diane Chase, 1987 Investigations at the Classic Maya City of Caracol, Belize: 1985-1987. Pre-Columbian Art Research Institute, San Francisco.
  2. Diane Chase and Arlen Chase 1995 Changing Perspectives on Caracol, Belize: Long-Term Archaeological Research and the Northeast Sector Settlement Program. Paper prepared for the 1st International Symposium of Maya Archaeology, San Ignacio, Cayo, Belize. May 29 - June 2, 1995
  3. Arlen Chase and Diane Chase 2009 Interpreting the Maya “Collapse”: Continued Investigation of Residential Complexes in and near Caracol’s Epicenter: 2009 Field Report of the Caracol Archaeological Project. http://caracol.org/reports/2009.php Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine., consultado o 20 de novembro de 2011
  4. "History: Site Overview". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 7 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

Bibliografía