Eduardo Carrero Santamaría, nado en Madrid en 1967, é un historiador da arte vinculado ás universidades Autònoma de Barcelona e de Oviedo.
Traxectoria
Profesor titular de Historia da Arte Medieval na Universitat Autónoma de Barcelona, doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid en 1999. Ocúpase de distintos aspectos da arquitectura, a iconografía e a historia da Idade Media na Península Ibérica.
O seu labor docente desenvolveuse durante seis anos como profesor asociado a tempo completo na Universidade de Oviedo (2000-2006) e profesor titular na Universidade das Illas Baleares (2006-2010).
En 2000 recibiu o Premio Manuel Corchado da Asociación Española de Amigos dos Castelos polo seu traballo "Un palacio para el obispo. La fortaleza episcopal urbana en Galicia durante la Edad Media". En 2001, a súa tese de doutoramento mereceu o Premio a traballos de investigación Monteleón, concedido pola Fundación Monteleón-Caja España de León. En 2001 foi bolseiro cunha bolsa postdoutoral da École Française de Roma.
Obras
É autor dunha cincuentena de artigos sobre arte e cultura medievais, colaborou como poñente en numerosos seminarios, congresos e cursos en diferentes universidades españolas e europeas, e participou en diferentes proxectos de investigación interdisciplinares.
Véxase tamén
Ligazóns externas