Este ecosistema ocupa o 22 % da superficie do Brasil, sendo aínda maior que a superficie de Alasca. O Cerrado esténdese, así mesmo, polo leste de Bolivia, o nordeste e centro de Paraguai, alcanzando polo sur, xa empobrecido, o Parque provincial Teyú Cuaré e arredores, na provincia de Misiones, Arxentina, segundo recentes investigacións[1] nas que se abordou a notábel afinidade da flora vascular e a fauna de vertebrados desta área protexida con respecto ao Cerrado sensu stricto.[2][3]
Durante o holoceno temperán, a vexetación correspondente ao cerrado expandiuse e ocupou unha superficie maior que a actual.[4]
Hoxe existen "illas" de Cerrado na área de selvas semideciduas da mata atlántica, que serían o remanente desta maior área de distribución da vexetación do Cerrado alcanzada hai 10.000-7.000 anos.[5]
Esta rexión natural limita ao norte coa rexión da Amazonia e ao oeste e suroeste co Gran Chaco, respecto ao cal mantén grandes semellanzas florifaunísticas e paisaxísticas.
O Cerrado caracterízase por unha enorme biodiversidade de plantas e animais, pero esta riqueza natural está progresivamente ameazada polos monocultivos (particularmente polo da soia), a expansión da agricultura en xeral e a queima da vexetación para facer carbón vexetal.
A pesar do feito de que deste ecosistema xa se perdeu moito, Norman Borlaug, laureado co Premio Nobel da Paz, describiu o cerrado como unha das últimas fronteiras da terra de zonas virxes con posibilidade de seren arábeis para a expansión da agricultura.
↑Chébez, J. C. (1996): "Misiones Ñú. Campos Misioneros, algo más que el confín de la selva". Nuestras aves, Asociación Ornitológica del Plata: 4-16.
↑Fernando Biganzoli & María E. Múlgura De Romero (2004): "Inventario Florístico del Parque Provincial Teyú Cuaré y alrededores (Misiones, Argentina)" Darwiniana v.42 n.1-4 San Isidro ene./dic. 2004
↑Martínez Crovetto, R. (1963): "Esquema fitogeográfico de la Provincia de Misiones (República Argentina)". Bonplandia1: 171-223.
↑Ledru, M. P.; Salgado-Labouriau, M. L. & Lorscheitten, M. L. (1998): "Vegetation dynamics in southern and central Brazil during the last 10.000 yr. B.P." Rev. Palaeobot. Palynol. 99: 131-142.
↑Behling, H. (1998): "Late Quaternary vegetational and climatic changes in Brazil". Rev. Palaeobot. Palynol. '99: 143-156.