Economía de Tonga
Economía de Tonga
|
Moeda
|
pa'anga
|
Organizacións comerciais de que fai parte
|
OMC, Sparteca
|
Datos estatísticos[1]
|
PIB
|
551,7 millóns (2009)
|
Posición do PIB
|
210ª no mundo[2]
|
Crecemento do PIB
|
-0,5% (2009)
|
PIB per cápita
|
$ 4.600 (2009)
|
PIB por sector
|
agricultura 25%, industria 17%, comercio e servizos 57% (2006)
|
Inflación
|
5,9% (2009)
|
Poboación abaixo da limiar de pobreza
|
dato non dispoñíbel
|
Total da forza de traballo
|
39.960 (2009)
|
Forza de traballo por sector
|
agricultura 31,8%, industria 30,6%, comercio e servizos 37,6% (2003)
|
Desemprego
|
13%% (2004)
|
Industrias
|
turismo, construción, pesca
|
Parcerías comerciais[1]
|
Exportacións
|
22 millóns (2006)
|
Produtos de exportación
|
abóbora, peixe, sementes de vainilla, raízes
|
Principais mercados
|
Os Estados Unidos 28,2%, o Xapón 11,4%, Nova Zelandia 11,4%, Taiwán 9,5%, Fidxi 6,8%, Samoa 5,7%, Australia 4,6%, Corea do Sur 4,2%, Hong Kong 4,1% (2008)
|
Importacións
|
139 millóns (2006)
|
Principais produtos importados
|
alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, produtos químicos
|
Principais mercados
|
Fidxi 36,9%, Nova Zelandia 24%, Estados Unidos 9,3%, Australia 8,9%, República Popular da China 5% (2008)
|
Finanzas públicas[1]
|
Débeda externa
|
80,7 millóns(2004)
|
Ingresos
|
dato non dispoñible
|
Gastos
|
dato non dispoñible
|
Tonga ten unha economía pequena e aberta, e unha base de exportación reducida a poucos produtos agrícolas. Os principais son a cabaza, vainilla e o iñame. Incluíndose tamén o peixe, os produtos primarios representan o 2/3 das exportacións. O país importa unha gran cantidade de alimentos, especialmente de Nova Zelandia[1].
O país depende tamén das remesas de diñeiro das comunidades tonganesas residentes no exterior para equilibrar o seu déficit comercial. O turismo representa a segunda fonte de ingresos do país: o 2006 39.000 persoas visitaron o país[1].
O goberno estimula o desenvolvemento do sector privado, incentivando especialmente os investimentos, mentres concentra os gastos públicos en saúde e educación. Tonga ten unha infraestrutura básica razoable e un servizo social desenvolvido. O elevado desemprego entre os mozos, o crecemento da inflación, as presións por reformas democráticas e o crecemento dos gastos en servizos sociais son os principais desafíos do goberno[1].
Notas
|
|