Economía de Tailandia
Economía de Tailandia
|
Moeda
|
Baht
|
Organizacións comerciais de que fai parte
|
OMC, ASEAN, APEC
|
Datos estatísticos[1]
|
PIB
|
580,3 mil millóns (2010)
|
Posición do PIB
|
25ª no mundo[2]
|
Crecemento do PIB
|
7,6% (2010)
|
PIB per cápita
|
$ 8,700 (2010)
|
PIB por sector
|
agricultura 10,4%, industria 45,6%, comercio e servizos 44% (2010)
|
Inflación
|
3,3% (2010)
|
Poboación abaixo da limiar de pobreza
|
dato non dispoñíbel
|
Total da forza de traballo
|
38,7 millóns (2010)
|
Forza de traballo por sector
|
agricultura 42,4%, industria 19,7%, comercio e servizos 37,9% (2008)
|
Desemprego
|
1,2% (2010)
|
Industrias
|
turismo, téxtiles e roupas, procesamento agrícola, bebidas, tabaco, cemento, manufacturas (xoias, aparellos eléctricos, computadores e pezas, circuítos integrados), móbiles, plásticos, automóbiles e pezas, tungsteno (2º produtor mundial), estaño
|
Parcerías comerciais[1]
|
Exportacións
|
191,3 mil millóns (2010)
|
Produtos de exportación
|
téxtiles e calzados, produtos de pesca, arroz, caucho, xoias, automóbiles, equipamentos eléctricos e computadores
|
Principais mercados
|
Estados Unidos 10,9%, República Popular da China 10,6%, Xapón 10,3%, Hong Kong 6,2%, Australia 5,6%, Malaisia 5% (2009)
|
Importacións
|
156,9 mil millóns (2010)
|
Principais produtos importados
|
bens de capital, bens intermediarios e materias primas, bens de consumo, combustíbeis
|
Principais mercados
|
Xapón 18,7%, República Popular da China 12,7%, Malaisia 6,4%, Estados Unidos 6,3%, Emiratos Árabes Unidos 5%, Singapur 4,3%, Corea do Sur 4,1% (2009)
|
Finanzas públicas[1]
|
Débeda externa
|
82,5 mil millóns (2010)
|
Ingresos
|
dato non dispoñible
|
Gastos
|
dato non dispoñible
|
Cunha boa infraestrutura, unha economía de mercado aberto, políticas favorables a investimentos e fortes políticas de exportación, Tailandia tivo un sólido crecemento entre os anos 2000 e 2007, superior a 4% ao ano,[1] alcanzando cotas do 6,9% e 6,1% en 2003 e 2004, tras recuperarse da crise asiática do 1997-1998.[1]
Durante a última etapa do Goberno do primeiro ministro Thaksin en 2006, o nivel de investimentos descendeu un 26%. A crise financeira global do 2008-2009 afectou severamente ás exportacións do país, coa maioría dos sectores sufrindo reducións significativas. O 2009 a economía contraeuse nun 2,2%[1]. No 2010 a economía recuperouse e expandiuse un 7,6%, o seu máis alto crecemento dende o 1995. As exportacións recuperáronse da súa caída no 2009[1]. As protestas contra o goberno entre marzo e maio polarizaron a situación política e tiveron un impacto no consumo e no nivel de confianza dos consumidores[1].
A pesar de haber sido afectado o turismo durante as protestas, a súa rápida recuperación axudou a elevar a confianza dos consumidores e dos negocios. O PIB medrou o 0,1% no ano 2011 [3].
Notas
|
|