A economía da Arxentina benefíciase de enormes recursos naturais, unha poboación bastante alfabetizada, un sector orientado á exportación agrícola e unha base industrial diversificada. Con todo, os seus resultados económicos foron moi desiguais ao longo da historia. A principios do século XX era un dos países con mellores perspectivas do mundo, pero ao longo dos anos atravesou diversas adversidades e crises que influíron negativamente na economía do país. Na actualidade, a República Arxentina é considerada como unha das principais economías emerxentes e unha das economías de maior crecemento económico do mundo.[3] Á súa vez, pola súa dimensión económica, forma parte do G-20 (grupo dos 20 países industrializados e emerxentes).
A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar arxentino, rico en especies como pescada, salmón etc.
Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata etc.