Ealing Studios é unha compañía británica de produción de cinema e televisión situada en Ealing Green en West London. Will Barker mercou o White Lodge en Ealing Green en 1902 como base para a rodaxe de filmes e desde entón foi empregado para ese fin. É o estudio de produción máis antigo de uso continuo en todo o mundo,[1] e os actuais escenarios comezaron a usar o son en 1931. Son especialmente coñecidos polos filmes producidos nos anos posteriores á segunda guerra mundial, como Kind Hearts and Coronets (1949), Passport to Pimlico (1949), The Lavender Hill Mob (1951) e The Ladykillers (1955).
Historia
Primeiros anos
O lugar foi ocupado polos Will Barker Studios desde 1902.[2] a partir de 1929 foron adquiridos polo produtor teatral Basil Dean, que fundou a Associated Talking Pictures Ltd. con Stephen Courtauld e Reginald Baker. En 1931 construíron os Ealing Studios, levando aló toda a produción a partir do mes de decembro. Cando marchou Dean en 1938 sendo substituído por Michael Balcon da MGM, xa se fixeran uns sesenta filmes, co nome da ATP. Balcon comezou a producir filmes co nome de Ealing Studios. En 1944 a compañía foi absorbida por Rank Organisation.
Buscando reducir custos e estudios, a BBC decidiu vender Ealing Studios.
Desde 1995
Os estudios foron comprados por NFTS e a mediados da década de 2000 por un consorcio liderado por Fragile Films' Uri Fruchtmann e Barnaby Thompson, Harry Handelsman e John Kao, coa idea de revivir o estudio. Desde entón o estudio comezou a producir de novo filmes como Lucky Break (2001) ou The Importance of Being Earnest (2002).
Notas
↑Ealingstudios.com (ed.). "History". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2011.