Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 1996 que conta tamén cunha moeda de 5 dólares de ouro conmemorativa da mesma efeméride.[3]
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US MintJohn M. Mercanti, reprodúcese unha figura feminina cunha toga que sostén o facho do coñecemento e un pergamiño coas palabras ART ("Arte"), HISTORY ("Historia") e SCIENCE ("Ciencia"), posta de crequenas sobre o globo terrestre. A escena está baseada no deseño da medalla de ouro Langley, do Instituto Smithsoniano. Completan o anverso a lenda UNITED STATES OF AMERICA na parte superior, o lema E PLURIBUS UNUM e o valor facial na inferior, e á dereita da figura a lenda alusiva ao motivo conmemorado, FOR THE INCREASE AND DIFFUSION OH KNOWLEDGE ("Para o aumento e a difusión do coñecemento").[2][4]
A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 650.000 de exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Denver na versión con acabamento especial (proof),[4] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 5 de agosto de 2006.[2]
A súa produción foi de 31.230 moedas na súa condición estándar e 129.152 en versión con acabamento (proof), o que fai un total de 160.382 exemplares.[5]
A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof,[4] e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse nun 85 % para o financiamento das actividades do Instituto Smithsoniano e un 15 % para o funcionamento da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, xestionada tamén por este instituto. [2]