O dólar (en malaio: ringgit, e en inglés: dollar) é a moeda oficial do Sultanato de Brunei desde 1967. Divídese en 100 sen, e normalmente se abrevia utilizando o símbolo do dólar ($), ou B$ para diferencialo doutras moedas denominadas en dólares. O dólar de Brunei cámbiase á vez co dólar de Singapur grazas a un acordo económico asinado na década dos anos 70.
Historia
O primeiro tipo de moeda que se utilizou en Brunei foron conchas mariñas. Durante a segunda metade do século XIX cuñáronse moedas de estaño denominadas pitis. A estas moedas seguíronlles moedas de 1 centavo do dólar das Colonias do Estreito.
Como protectorado do Reino Unido, Brunei utilizou o dólar do Estreito a principios do século XX, e máis tarde adoptaría o dólar de Malaia e o dólar de Malaia e Borneo ata 1967, cando empezou a emitir a súa propia moeda.
O dólar de Brunei substituíu o dólar de Malaia e Borneo en 1967 trala formación de Malaisia e a independencia de Singapur. Ata o 23 de xullo de 1973, o ringgit malaio cambiábase á vez co dólar de Singapur e o dólar de Brunei. Hoxe en día, as Autoridades Monetarias de Singapur e Brunei manteñen esta intercambiabilidade. En Singapur acéptanse dólares de Brunei, con todo non é moeda de curso legal. Pola contra, o dólar de Singapur si se acepta en Brunei.
Moedas
Desde a independencia do Sultanato en 1967 cuñáronse ata catro series de moedas. As características técnicas de todas elas non variaron, con todo si o fixeron os retratos dos distintos sultáns que gobernaron o país desde entón.
Denominación
|
Emisión
|
Metal
|
Canto
|
Diámetro (mm)
|
Peso (g)
|
Anverso
|
Reverso
|
1 Sen
|
1993-2007
|
Cu+Zn
|
Liso
|
17,70
|
1,24
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
1 SEN - Flor estilizada de cerezo - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
1 Sen
|
2008-
|
Cu+Ni+Zn
|
Liso
|
17,70
|
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
1 SEN - Flor estilizada de cerezo - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
5 Sen
|
1993-
|
Cu+Ni
|
Estriado
|
16,26
|
1,56
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
5 SEN - Paxaro estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
10 Sen
|
1993-
|
Cu+Ni
|
Estriado
|
19,40
|
2,60
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
10 SEN - Insecto estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
20 Sen
|
1993-
|
Cu+Ni
|
Estriado
|
23,50
|
4,50
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
20 SEN - Árbol estilizado - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
50 Sen
|
1993-
|
Cu+Ni
|
Estriado
|
27,70
|
7,29
|
Muda Hassanal Bolkiak - SULTAN HAJI HASSANAL BOLKIAH
|
50 SEN - Escudo de armas - KERAJAAN BRUNEI - ano de cuñaxe
|
Billetes
En 1967, o goberno (Kerajaan Brunei) introduciu os primeiros billetes en denominacións de 1, 5, 10, 50 e 100 dólares. En 1979 engadíronse os billetes de 500 e 1.000 dólares. En 1989 o nome do país emisor cambiou a Negase Brunei Darussalam. Ese mesmo ano introducíronse as denominacións de 10.000 dólares. Todas as denominacións están escritas en malaio, cos alfabetos jawi e latino. Nas antigas series a denominación inglesa aparecía no reverso xunto á denominación en malaio, pero agora aparece no reverso coa escritura jawi. Desde 2004 estanse substituíndo as series impresas en papel por outras novas en polímero.
Denominación
|
Cor predominante
|
Dimensións
|
Descrición do anverso
|
Descrición do reverso
|
1 Dólar
|
Azul
|
141 x 69 mm
|
$1 - SATU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Flor (Riverside simpur) - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$1 - ONE DOLLAR - Cascada - Bosque tropical - بروني دارالسلام
|
5 Dólares
|
Verde
|
141 x 69 mm
|
$5 - LIMA RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Nepenthes albomarginata - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$5 - FIVE DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام
|
10 Dólares
|
Vermello
|
141 x 69 mm
|
$10 - SEPULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Hojas - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$10 - TEN DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام
|
50 Dólares
|
Azul/Marrón
|
158 x 75 mm
|
$50 - LIMA PULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Petrolero - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$50 - FIFTY DOLLARS - Plataforma petrolífera - بروني دارالسلام
|
50 Dólares
|
Azul/Marrón/Verde
|
158 x 75 mm
|
$50 - LIMA PULUH RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Etlingera solaris - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$50 - FIFTY DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام
|
100 Dólares
|
Verde/Marrón
|
158 x 75 mm
|
$100 - SERATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Aeroporto Internacional de Brunei - بروني دارالسلام
|
100 Dólares
|
Granate
|
158 x 75 mm
|
$100 - SERATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Bosque tropical - بروني دارالسلام
|
500 Dólares
|
Laranxa
|
175 x 81 mm
|
$500 - LIMA-RATUS RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Mesquita do Sultán Omar Ali Saifuddin - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$500 - FIVE HUNDRED DOLLARS - Royal Regalia - بروني دارالسلام
|
500 Dólares
|
Rosa
|
175 x 81 mm
|
$500 - LIMA-RATUS RINGGIT - Omar Ali Saifuddien III - Orthosiphon aristatus - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$500 - FIVE HUNDRED DOLLARS - Mesquita do Sultán Omar Ali Saifuddin - بروني دارالسلام
|
1.000 Dólares
|
Granate/Azul/Verde
|
182 x 84 mm
|
$1000 - SERIBU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Merremia borneensis - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$1000 - ONE THOUSAND HUNDRED DOLLARS - Edificio do Ministerio de Economía - بروني دارالسلام
|
10.000 Dólares
|
Verde
|
|
$10000 - SEPULUH RIBU RINGGIT - Muda Hassanal Bolkiak - Passiflora foetida - NEGARA BRUNEI DARUSSALAM
|
$10000 - ONE THOUSAND HUNDRED DOLLARS - Edificio da Corte Suprema - بروني دارالسلام
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas