En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas. Existen dous días de Europa separados, celebrados o 5 e 9 de maio, establecidos polo Consello de Europa (CoE) e a Unión Europea (UE) respectivamente. Para a UE, o día é tamén coñecido como o Día de Schuman.[1]
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman"[4], para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.
Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro[5], sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea[6][7]. No cumio de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.
Recoñecemento legal
O Día de Europa é día non laborable para os empregados das institucións da Unión Europea[8]Luxemburgo declarouno en 2019 festivo oficial [9] e é tamén festivo oficial en Kosovo.[10]. É un día conmemorativo en Croacia, día recoñecido oficialmente pero non festivo;[11][12] o mesmo que en Lituania;[13] e un Beflaggungstage en Alemaña[14]