O físico francés Charles Coulomb publicou un tratado no que se describían por primeira vez cuantitativamente as forzas eléctricas formulando as leis de atracción e repulsión de cargas eléctricas estáticas.
O rei Carlos III de España regulariza as reunións dos secretarios (equivalentes dos actuais ministros) creando o Consello de Secretarios. A medida sería abolida polo conde de Aranda no reinado de Carlos IV (1788-1808).
13 de xullo - Creación dunha garda burguesa para asegurar a orde na capital, cun efectivo de 48 000 homes. Os oficiais e soldados son elixidos. Dende o día seguinte, 14 de xullo, participa na toma da Bastilla, e o 15, é posta baixo o mando do xeneral Marqués de La Fayette e toma o nome de Garda Nacional.