Manasés, de doce anos, é un fiel vasalo dos asirios. Practica unha política de pacificación interior, deixa en suspenso a reforma relixiosa de Ezequías e tolera os cultos estranxeiros, que, xunto cos deuses e as modas de Asiria se introducen no reino.
Senaquerib ataca por mar aos caldeos do Bît Iakîn refuxiados nas cidades elamitas. Hallustush-Inshushinak, rei de Elam, reaccina deseguido, invade Babilonia e apodérase de Sippar. Os babilonios entréganlle a Ashur-nadin-shumi, que, levado a Elam, desaparece. O elamita pon no trono a un dos seus protexidos, que, expulsado polos asirios, será substituído por un príncipe caledeo escollido polo pobo: Mushesib-Marduk.
O rei asirioSenaquerib marcha sobre Exipto pero debe retirarse, pois a peste acadou o seu exército.
Primeiras inscricións en lingua etrusca. O alfabeto derívase do grego. O primeiro abecedario coñecido, inscrito no rebordo dunha taboíña de marfil de Marsiliana d’Albergna, leva 26 letras. As inscricións etruscas arcaicas só levan 22.