Logo da derrota exipcia ante Cirene do ano anterior, os soldados exipcios descontentos co seu faraón, Apries, proclamaron a seu xefe, Amasis, soberano.
Batalla de Momenfis: Apries é derrotado e Amasis accede ao trono de Exipto (até -525), que perdoou a vida de Apries e o asociou ao trono.
Reorganización das Panateneas, que eran as festas que se celebraban en Atenas na honra da deusa Atenea. Tiñan lugar cada catro anos e introdúcense competicións atléticas.
Primeira tiranía de Pisístrato en Atenas que logo de apoderarse da Acrópole, coa axuda do pobo, proclámase tirano de Atenas. Os xefes do partido aristocrático marchan da cidade. Solón abandona a vida política.
Milcíades o Vello (ateniense) convértese en tirano do Quersoneso tracio (finais de -556).
Principio do reinado de Creso, rei de Lidia (fin en -547), que se apodera de Anatolia. É fabulosamente rico grazas ás areas auríferas do río Pactolo. Somete as cidades gregas de Xonia (sobre -560).