Tras un soño ocorrido en -556, que lle anunciaba o porvir, e malia a oposición dos sacerdotes de Marduk, o rei de BabiloniaNabonido decide reconstruír o templo de Sin en Harrán. Para isto solicita a axuda de Ciro II o Grande, rei de Anshan contra os medos, para tomaren a cidade. Ciro acepta. O seu soberano e gran rei Astiaxes, rei dos medos, dáse conta do complot e convócao a Ecbatana . Ciro négase, cousa que provoca unha guerra que había rematar coa vitoria dos persas.