Batalla de Egospótamos: os atenienses son vencidos polos espartanos, mandados por Lisandro. A vitoria permitirá no ano seguinte que os espartanos poñan cerco a Atenas.
Comeza o goberno de Dionisio I de Siracusa (até -367), que rexe unha alianza das cidades helénicas de Sicilia fronte Cartago, que domina, porén, as polis meridionais da illa, obrigadas a pagaren tributo aos púnicos.
Amirteo, príncipe de Sais, logra independizar Exipto do dominio persa logo dunha prolongada loita desde -414, proclamándose faraón (até -398). Será o único representante real da dinastía XXVIII.
3 de setembro - Batalla de Cunaxa: Ciro. príncipe pretendente ao trono persa, pese á axuda de mercenarios gregos, é vencido e morto, polas tropas do xa, Artaxerxes II. Os gregos emprenderán, á consecuencia da derrota, a retirada ao seu país, narrada por Xenofonte na Anábase.