Sir Douglas Ralph "Doug" Nicholls KCVO, OBE, nado na Reserva Cummeragunja o 9 de decembro de 1906 e finado en Mooroopna o 4 de xuño de 1988,[1] foi un político aborixe australiano do pobo Yorta Yorta.
Traxectoria
Tamén foi un atleta profesional, pastor relixioso e un pioneiro loitador a prol da reconciliación entre os indíxenas de Australia e o goberno.
Nicholls foi o primeiro aborixe en ser galardoado coa Orde do Imperio Británico e o primeiro tamén en ser gobernador de Australia Meridional, cargo ó que tivo que renunciar por motivos de saúde en 1977.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas