Dong Feng 1, tamén coñecido como DF-1, foi un mísil balístico de curto alcance da República Popular da China comezado a ser desenvolvido nos anos 1960.[1][2]
O DF-1 era unha versión licenciada do mísil soviético R-2, á súa vez unha versión mellorada do V-2 alemán. Comezou a fabricarse en 1957 pero xa en 1960 foi posto fora de servizo.[1][2]