Donato de Cartago

Modelo:BiografíaDonato de Cartago

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Morte355 Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porHerexía Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDe viris illustribus
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata


Donato de Cartago[1], tamén coñecido como Donato Magno, nado arredor do ano 270[1], foi un bispo en Numidia (norte de África), impulsor do donatismo. Crese que morreu cara ao ano 355.

Traxectoria

Vida

Pouco se sabe dos seus primeiros anos, por mor da perda da súa correspondencia e dos seus primeiros traballos. A súa primeira aparición nos rexistros eclesiásticos é en outubro de 313, como Donato Casae Nigrae. Casae (hoxe Negrine) era un asentamento situado na fronteira meridional das chairas de Numidia, ao sur de Teveste, unha área ocupada predominantemente por descendentes do pobo bérber.

Nese rexistros, o papa Melquíades declarouno culpable de rebautizar os cregos lapsi das persecucións cristiás, co que se orixinou un cisma coa Igrexa. Estes acontecementos puideron ter lugar cara ao ano 311, antes de que Donato chegase a Cartago.

Controversia

Traditores

O fondo da controversia foi a onda de persecucións anticristiás que desatou o emperador Diocleciano. Algúns dirixentes da Igrexa, que non desexaban sufrir torturas nin converterse en mártires, estiveron dispostos a adorar os deuses do vello panteón, considerados ídolos polos cristiáns, ou a entregar os Libros sacros e as propiedades eclesiásticas ás autoridades imperiais. Estes chegaron a ser coñecidos como traditores.

Cisma

O cisma entre as dúas alas cristiás centrábase no status do clero traidor. Os donatistas sostiñan que os traidores non podían ser reinstalados nas súas sés sen ser rebautizados e reordenados para asumir o cargo; e tamén, que os sacramentos dispensados polos traidores carecían de validez. Polo tanto, as persoas que foran bautizadas ou consagradas non debían ser recoñecidas pola Igrexa.[2] Isto era relativamente consistente co pensamento de san Cibrán, que morreu mártir uns cincuenta anos atrás. Con todo, a Igrexa romana cría que os cregos lapsos podían levar a cabo o seu labor se seguían o ritual eclesiástico.

Un deles, chamado Fiz de Aptunga, participou —entre outros— na consagración episcopal, como bispo de Cartago, de Ceciliano, no 311, quen unha vez remataron as persecucións, decidiu volver ao seo da Igrexa. Segundo de Tigisis, primado de Numidia, celebrou un concilio de 70 bispos en Cirta que declarou inválida a ordenación de Ceciliano, posto que fora realizada por un traditor. Ceciliano, que para entón xa ocupaba a basílica, decidiu non asistir ó concilio mais enviou unha mensaxe esixindo que se a súa consagración como bispo non fora válida que se fixese de novo. Finalmente, o concilio rexeitou a esixencia de Cecilinao e escolleu a Maiorino como bispo. Decontado, en moitas cidade apareceron dous bispos, un seguidor de Ceciliano e outro de Maiorino. Finalmente, como Maiorino morreu pouco tempo despois, sucedeuno Donato, disposto a continuar a loita.[2] Este, foi consagrado no 313 como bispo de Cartago e primado do norte de África, líder da seita cristiá que chegou a ser coñecida como a seita donatista.

A seguir, os partidarios de Donato apelaron ao emperador, solicitando que o asunto fose xulgado polos bispos da Galia, pois durante o mando do pai de Constantino non houbera persecución na Galia e, polo tanto, non houbera traditores. En troques diso, remitiu o asunto ao papa Melquiades, que el mesmo era de ascendencia bérber.

Ante esta situación, o donatismo espallouse durante corenta anos, aínda que non conseguiu o recoñecemento oficial. Este esforzo fracasou porque os donatistas foron incapaces de probar nunha serie de concilios que Ceciliano fora un traditor, ou que o fora o bispo que o ordenara, Fiz de Aptunga, pero triunfou momentaneamente debido á impopularidade de Ceciliano entre a administración romana e a poboación rural. Ademais, os bispos e sacerdotes donatistas estaban máis próximos aos campesiños,[2] tanto aos granxeiros romanos como aos descendentes dos indíxenas bérberes e fenicios anteriores á conquista romana. En efecto, a maioría do seu clero falaba as linguas vernáculas libia ou púnica, tan ben como o latín, mentres que o clero católico, só o latín.

Concilio de Letrán

Melquiades convocou a Ceciliano en Letrán con dez bispos dos seus acusadores e dez da súa propia comuñón. Logo convocou un sínodo e nomeou a 15 bispos italianos adicionais, así como a tres dos principais bispos da Galia, Reticio de Autun, Materno de Colonia e Marino de Arlés.[3]

O Concilio de Letrán celebrouse durante tres días do 2 ao 4 de outubro de 313.[4] O proceso foi modelado nos procesos civís romanos, con Melquiades insistindo en regras estritas de proba e argumentación. As acusacións escritas contra Ceciliano non foron consideradas, xa que eran anónimas e sen probar. Isto frustrou aos donatistas que abandonaron o concilio sen presentar o seu caso, o que levou a Melquiades a pronunciarse a favor de Ceciliano por defecto.[5] O concilio rematou despois de só tres sesións. O papa mantivo a Ceciliano como bispo de Cartago e condenou as ensinanzas de Donato sobre o rebautismo de bispos e sacerdotes.[4]

Os donatistas volveron apelar ao emperador, quen respondeu convocando o Concilio de Arlés en 314, pero este tamén se pronunciou contra os donatistas.[6] As decisións adversas non lograron deter a continua propagación do donatismo polo norte de África. Ao redor do ano 400, o bispo donatista Petiliano de Constantina, afirmou que Melquiades, o seu sucesor Silvestre I e outros entregaron textos sagrados e ofreceron incenso e adorarasn as divindades romanas.

Espallamento do donatismo

En maio de 321 o emperador Constantino I renunciou aos múltiples esforzos despregados con vistas a restablecer a unidade da Igrexa, debido a que iniciaba unha guerra con Licinio, e permitiu o regreso dos donatistas desterrados. Isto permitiu a Donato levar a cabo a organización e consolidación interna da súa Igrexa. Así, erixíronse capelas, igrexas e mesmo grandes basílicas, a pesar de choques esporádicos cos católicos, que ían quedando reducidos a unha minoría. O éxito donatista foi considerable no Norte de África, aínda que non noutras rexións. Só en Roma puideron fundar unha comunidade relativamente pequena. En tempos do emperador Constante, Donato atreveuse a solicitar a unificación dos cristiáns do Norte de África baixo a dirección donatista, mais chocou cos funcionarios imperiais enviados e non houbo ningún acordo.

Circuncelións

A partir de 340, cobrou importancia o movemento dos circuncelións, marxinal, pero moi combativo e o réxime donatista serviuse deles, segundo os seus intereses, apoiándoos ou distanciándose, segundo as circunstancias. Eran bandas de rebeldes nómades antirromanos, bandidos de fala púnica dos estratos máis baixo da sociedade, que atacaban os terratenentes e colonos romanos evaban a cabo unha redistribución dos bens. O seu apoio aos donatistas fixo que estes se identificasen con eles como cando, no 347, o bispo Donato de Bagai lanzou os circuncelións á resistencia armada contra as tropas romanas en Numidia. A súa decisión tivo consecuencias fatais para a causa, pois os funcionarios romanos tomaron medidas punitivas contra a Iglrexa Donatista; .a resistencia foi desbaratada e o bispo, executado.

Estes e outros acontecementos fixeron virar a política relixiosa do emperador no Norte de África. Un edicto do mesmo ano dispuxo a unión de ambas as Igrexas, baixo a dirección do pastor católico Grato de Cartago.

Morte de Donato

Donato e outros dirixentes foron enviados ao desterro, despois do Concilio de Arles (314) onde a apelación de Donato foi rexeitada. Isto produciu gran conmoción no pobo, que se someteu ao mandato con escasa resistencia. Donato permaneceu exiliado na Galia dende o 347 até a súa morte no 355. Nestes momentos, o donatismo era a crenza maioritaria no Norte de África.[2]

Donatismo despois de Donato

Este cisma dos donatistas foi o primeiro cisma importante que enfrontou a igrexa cristiá daquela, e aínda que estaba circunscrito basicamente ao norte de África, provocou durante tres séculos moitos enfrontamentos sanguentos.[7] A unión coa igrexa de Roma subsistiu catorce anos, pois condenados, perseguidos e castigados por Constantino Magno, quen finalmente os tolerou, coa chegada do emperador Xuliano o Apóstata, no 361, e o seu retorno ao paganismo, foron favorecidos por este. O tempo de unión non foi aproveitado pola Igrexa católica para consolidar o proceso e Xuliano reverteu á situación anterior e permitiu a volta dos donatistas exiliados e a restitución das súas igrexas. Agora, a minoría católica foi represaliada, ante a indiferenza dos funcionarios.

O movemento donatista chegou ao seu apoxeo baixo o bispo Parmeniano, sucesor de Donato, pero a situación deteriorouse a partir de 372, cando a Igrexa donatista apoiou ao usurpador Asino, pois os romanos esmagaron a rebelión e prohibiron o culto donatista. Trala morte de Parmeniano, sucedeuno o extremista Primiano, que provocou unha escisión en 393, dexenerando os circuncelións en tropas paramilitares ás ordes do bispo, e abocando á decadencia definitiva da seita.

Os seguidores desta seita acadaron o seu momento máis importante a principios do século V, cando contaban con máis de catrocentos bispos na súa igrexa. , e case superaban en número aos católicos. Agostiño de Hipona, apoiado por un edito de Flavio Honorio, freounos durante un tempo, axudado polas autoridades civís, pero tras a invasión de Xenserico, a quen se uniron para loitar contra os que os castigaban, renaceron con moita forza. O papa Gregorio Magno denunciounos varias veces, e semella que persistiron ata a invasión musulmá e a instauración do Islam.[8]

Galicia

O rigorismo africano tivo bastantes seguidores na Gallaecia. Por iso, san Donato mantense aínda como padroeiro dunha parroquia en Galicia: Vilaseco (O Bolo).[9]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cross, F. L.; Livingstone, E.A., eds. (2005). "Donatism". The Oxford Dictionary of the Christian Church (en inglés). Nova York: Oxford University Press. pp. 499–500. ISBN 9780192802903. LCCN 2005282601. OCLC 58998735. OL 3436987M. 
  3. Chapman, J. (1909). "Donatists". newadvent.org (en inglés). Nova York: Robert Appleton Company. Consultado o 30 de decembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Levillain (2002), p.993
  5. Burris (2012), p. 78
  6. Burris (2012), p. 79
  7. Smith (1867), p. 1064
  8. Smith (1867), p. 1065
  9. Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Burris, Ronald D. (2012). Where Is the Church?: Martyrdom, Persecution, and Baptism in North Africa from the Second to the Fifth Century (en inglés). Eugene, OR: Wipf and Stock. ISBN 9781608998081. 
  • Levillain, Philippe, ed. (2002). The Papacy: an Encyclopedia (en inglés). Nova York: Routledge. 
  • Smith (1867). "Donatus". En Smith, William. A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (vol. 1: A-E) (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. pp. 1064–1065.