División do traballo

A división do traballo é a fragmentación ou descomposición dunha actividade produtiva en tarefas máis elementais, así como a súa repartición entre diferentes persoas, segundo a súa forza física, habilidade e coñecementos. Aínda que dende a prehistoria é consustancial a toda actividade humana, a división do traballo intensificouse coa revolución neolítica que orixinou as sociedades agrarias e acelerou de xeito extraordinario a súa contribución ó cambio tecnolóxico e social co desenvolvemento do capitalismo e a revolución industrial.[1]

Definición

En xeral, a división do traballo é a separación de tarefas en calquera sistema económico para que os participantes se especialicen. Os individuos, as organizacións e as nacións están dotados ou adquiren capacidades especializadas e forman combinacións ou intercambios para aproveitar as capacidades doutros ademais dos seus. As capacidades especializadas poden incluír equipo ou recursos naturais, ademais de destrezas e adestramento, e combinacións complexas de tales activos que a miúdo son importantes, como cando se usan múltiples artigos de equipo especializado e operadores especializados para producir un só produto.[2]

Notas

  1. "La gran enciclopedia de economía. (n.d.). División del trabajo.". Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  2. Rosenberg, Nathan (1993). Exploring the Black Box: Technology, economics and history. Cambridge University Press. pp. 25, 27–32, 37–8.