División

División é un termo usado en diferentes contextos, así temos:

  • División, en Matemáticas, é a operación inversa á multiplicación e o seu sentido é o de repartir.
  • No ámbito militar, unha División é unha grande unidade formada por dúas ou máis brigadas ou rexementos homoxéneos e provista de servizos auxiliares.
  • Nos deportes organizados, denomínase División cada un dos grupos en que compiten, segundo a súa categoría, os equipos ou deportistas por un título.
  • En xestión de empresas, unha División é unha parte da empresa, moitas veces independente doutras divisións e que ocupa unha posición na xerarquía da mesma.
  • En Bioloxía, a división celular é o proceso de reprodución das células mediante o que se orixinan dúas ou máis células fillas.
  • En Botánica, a División é o concepto equivalente a filo ou tipo.
  • En Xeografía, hai divisións administrativas, como provincias, distritos e municipios. Algúns países teñen divisións administrativas que son propiamente chamadas "División" ou "Subdivisión".