Na tecnoloxía da refrixeración, un dispositivo de expansión é un elemento que diminúe a presión dun fluído refrixerante pasando dun estado de alta presión e temperatura a un de menor presión e temperatura. Ao producirse a expansión do líquido nun ambiente de menor presión, evapórase parcialmente reducíndose a temperatura ao absorber calor latente da contorna. A súa saída semella un aerosol con pequenas gotas de refrixerante en suspensión, que facilitan a posterior evaporación.
Este dispositivo ademais, e segundo o tipo, regula o caudal de refrixerante en circulación, adecuándoo á carga térmica á que se ve sometido o sistema frigorífico, así como ás temperaturas do medio de traballo.
Problemas
Altera o seu funcionamento un fenómeno coñecido como "flash-gas" que consiste na aparición de burbullas de gas no líquido refrixerante que ven dende o condensador ata o dispositivo de expansión. Ao dispositivo de expansión debe chegar unicamente líquido para que regule adecuadamente o caudal de refrixerante.
Véxase tamén
Bibliografía
Rapin, Pierre J. (1996). [Paris] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie. OCLC37234395 .