A diocese de Santander (en latín : Dioecesis Santanderiensis ) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragénea da arquidiocese de Oviedo . En 2011 contaba con 557.400 bautizados sobre unha poboación total de 592.800 habitantes. O seu bispo dende 2023 é Arturo Pablo Ros .
Territorio
O territorio da diocese coincide co da comunidade autónoma de Cantabria , con dúas excepcións: o concello de Valle de Villaverde (que pertence á diocese de Bilbao), e o concello de Valle de Mena (na provincia de Burgos , mais pertencente á diocese de Santander). A sé arcebispal é a cidade de Santander , onde está a Catedral da Asunción . O territorio está organizado en 615 parroquias .
Limita ao oeste coa diocese de León e coa arquidiocese de Oviedo , ao sur coa diocese de Palencia e coa arquidiocese Burgos , e ao leste coa diocese de Bilbao .
Episcopoloxio
Francisco Javier Arriaza (24 de setembro de 1755 - 18 de outubro de 1761 , finado)
Francisco Laso Santos de San Pedro (29 de marzo de 1762 - 14 de marzo de 1783 , finado)
Rafael Tomás Menéndez Luarca y Queipo de Llano (25 de xuño de 1784 - 20 de xuño de 1819 , finado)
Juan Nepomuceno Gómez Durán (21 de febreiro de 1820 - 27 de xullo de 1829 , confirmado bispo de Málaga )
Felipe González Abarca (28 de setembro de 1829 - 12 de marzo de 1842 , finado)
Manuel Ramón Arias Teijeiro de Castro (17 de xaneiro de 1848 - 20 de xullo de 1859 , retirado)
José López y Crespo (26 de setembro de 1859 - 21 de marzo de 1875 , finado)
Vicente Calvo y Valero (5 de xullo de 1875 - 27 de marzo de 1884 , nomeado bispo de Cádiz e Ceuta )
Vicente Santiago Sánchez y Castro (27 de marzo de 1884 - 19 de setembro de 1920 , finado)
Juan Plaza y García (16 de decembro de 1920 - 10 de xullo de 1927 , finado)
José María Eguino y Trecu (2 de outubro de 1928 - 7 de maio de 1961 , finado)
Eugenio Beitia Aldazabal (27 de xaneiro de 1962 - 23 de xaneiro de 1965 , renuncia)
Vincente Puchol Montis (2 de xullo de 1965 - 8 de maio de 1967 , finado)
José María Cirarda Lachiondo (22 de xullo de 1968 - 3 de decembro de 1971 , nomeado bispo de Córdoba )
Juan Antonio del Val Gallo (3 de decembro de 1971 - 23 de agosto de 1991 , retirado)
José Vilaplana Blasco (23 de agosto de 1991 - 17 de xullo de 2006 , nomeado bispo de Huelva )
Vicente Jiménez Zamora (27 de xullo de 2007 - 12 de decembro de 2014 , nomeado arcebispo de Zaragoza )
Manuel Sánchez Monge (6 de maio de 2015 - 31 de outubro de 2023 , retirado)
Arturo Pablo Ros (nomeado o 31 de outubro de 2023 )
Véxase tamén
Ligazóns externas
Arquidioceses: Dioceses: Outras: