A diocese de Bilbao (en latín : Dioecesis Flaviobrigensis , en éuscaro : Bilboko Elizbarrutia ) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España . Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos , e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta .
Territorio
Localización e extensión da diocese de Bilbao na arquidiocese de Burgos .
O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco ), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña , que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde , que forma parte da diocese bilbaína.
Limita coas dioceses de Santander , Vitoria e San Sebastián .
Historia
A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria .
O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium , feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.
Santos e beatos
O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola . San Valentín de Berriochoa , primeiro mártir biscaíño canonizado , está considerado como patrono secundario da diocese.
Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:
A Virxe de Begoña , advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome , é patroa do Señorío de Biscaia , mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade .
Episcopoloxio
Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:
Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza )
Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid )
Mario Iceta (2010 - 2020, nomeado arcebispo de Burgos )
Joseba Segura (dende o 3 de xullo de 2021 )
Nos períodos nos que a sé estivo vacante , os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:
Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:
Véxase tamén
Ligazóns externas
Arquidioceses: Dioceses: Outras: