Este artigo trata sobre a diocese da Igrexa Católica Latina. Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Diocese de Pittsburgh.
A Diocese de Pittsburgh (en latín Dioecesis Pittsburgensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, estabelecida en Pensilvania o 11 de agosto de 1843. A diocese inclúe 215 parroquias nos condados de Allegheny, Beaver, Butler, Greene, Lawrence e Washington. A súa catedral é a Catedral de Saint Paul.
Historia
A diocese de Pittsburgh foi erixida polo papa Gregorio XVI en territorios da diocese de Filadelfia o 11 de agosto de 1843.[1][2] Cedeu territorio para a creación da diocese de Erie o 29 de xullo de 1853. A diocese de Altoona foi erixida o 30 de maio de 1901 e a diocese de Greensburg o 10 de marzo de 1951, en terreos da diocese de Pittsburgh.[2]
Episcopoloxio
Bispos diocesanos
- Michael O'Connor, SI (1843–1853) (1854–1860)
- Michael Domenec, CM (1860–1876)
- John Tuigg (1876–1889)
- Richard Phelan (1889–1904)
- Regis Canevin (1904–1920)
- Hugh Charles Boyle (1921–1950)
- John F. Dearden (1950–1958)
- John J. Wright (1959–1969)
- Vincent Martin Leonard (1969–1983)
- Anthony J. Bevilacqua (1983–1987)
- Donald W. Wuerl (1988–2006)
- David A. Zubik (2007–actualidade)
Notas
|
---|
|
Arquidioceses: | |
---|
Dioceses: | |
---|
Ordinariato persoal: | |
---|
Ordinariato militar: | |
---|